publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo incrementa a seguridade viaria na rúa Ponte da Alameda de Chantada con 40.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

O Goberno da Deputación inviste preto de 40.000 euros en actuacións de mellora da seguridade viaria na rúa Ponte da Alameda da localidade chantadina. Con este orzamento, o Executivo Provincial actuará nun treito de 60 metros da LU-P-1801, de Chantada por Nogueira aos Peares.

Esta é a estrada que discorre por dita rúa do casco urbano do municipio, onde o Executivo Provincial mellorará o firme con aglomerado en quente, dotará de beirarrúas e situará dous semáforos para sinalizar o novo sentido de circulación, pois esta vía pasará a ter un único carril de sentido descontinuo.

O Goberno da Deputación executa estas actuacións de reordenación do tráfico na zona da Ponte da Alameda en resposta ás peticións dos veciños.

Cómpre subliñar que ata o de agora esta estrada é de dobre dirección e que por mor da falta de espazo non ten beirarrúas, obrigando a peóns e vehículos a compartir a calzada.

Para pór fin a esta problemática, o Goberno Provincial converterá este treito nun carril de sentido único alternativo, que será regulado por dous semáforos, situados cada un en cada extremo da rúa. Isto permitirá tamén a dotación de beirarrúas de 1,5 metros de ancho e mellorar a seguridade do vial, tal e como solicitaron os propios veciños.

Nas vindeiras semanas, iniciarase o proceso de contratación destes traballos. A previsión é ter arranxado este treito a comezos do verán.

11 de maio de 2017 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.