publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e concellos da área de transporte da Coruña pechan o acordo sobre o plan de entrada dos autobuses interurbanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambreLocal PortadaOleirosPortada esquerdaSada
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión mantida hoxe na Coruña. Foto: M. Fuentes

Ethel Vázquez na reunión mantida hoxe na Coruña. Foto: M. Fuentes

A Xunta e os concellos da Área de Transporte Metropolitano da Coruña pecharon hoxe o acordo sobre o plan para a entrada dos autobuses interurbanos no centro da cidade, coa previsión de que se poña e marcha antes do verán.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe unha nova comisión de seguimento do Plan de transporte metropolitano da Coruña, na que avanzou que nas vindeiras semanas elevarase ao Consello da Xunta o documento do Plan de accesibilidade de autobuses interurbanos na cidade para a súa aprobación definitiva.

Neste encontro, Vázquez Mourelle presentoulle a todos os concellos as alegacións recibidas e explicoulles que o seu departamento continuará agora coa execución das obras de adecuación das paradas da praza de Ourense e Entrexardíns, para as que xa está solicitada a licenza municipal.

Cómpre lembrar que o Goberno galego convocou unha nova comisión para hoxe, xa que os municipios da Coruña, Cambre, Oleiros e Sada non asistiron á xuntanza da semana pasada. Neste sentido, emprazouse aos alcaldes de 10 concellos da comarca para tratar hoxe o citado plan de accesibilidade, que está nun punto de madurez e de consenso que permite seguir avanzando, segundo indicou a conselleira.

A titular de Infraestruturas salientou que se trata dun paso adiante na aposta da Xunta polo transporte público, porque na medida na que se consiga prestar un mellor servizo e que máis persoas vaian en autobús, menos vehículos percorrerán as rúas da cidade. Indicou que o obxectivo do Plan é acadar un incremento de, polo menos, un 10% dos usuarios do transporte público.

Nesta filosofía tamén radicou a prórroga do Plan de transporte metropolitano que se aprobou na reunión da semana pasada, unha iniciativa que só no ano pasado bonificou máis de 6 millóns de viaxes aos coruñeses. Ademais no 2016 máis de 11.000 menores de 19 anos acolléronse á tarxeta Xente Nova para viaxar gratis no transporte interurbano.

Así mesmo, a conselleira convidou a todos os concellos a participar con propostas concretas na elaboración do novo Plan de transporte público de Galicia que deberá estar en funcionamento a finais de 2019, cando caduquen as concesións actuais.

19 de abril de 2017 | 15:25 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario