publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xosé Vázquez Pintor presenta “Bicos” na Sala de Exposicións Abanca da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAxenda e Cultura
A-
A+

cartel-presentacion-bicosEste venres, 28 de abril, ás 20,30 h, a Sala de Exposicións Abanca da Estrada acolle a presentación de “Bicos”, o novo libro de poemas infantís de Xosé Vázquez Pintor.

Este libro que recolle 33 poemas con ilustracións a toda cor, para nenos e nenas, lévanos á Galicia interior, onde os protagonistas pasan a ser a vaca, a toupa, a serpe, a pulga, o raposo, o cabalo, o rato ou a troita…

Participan

En “Bicos” participaron 20 ilustradores galegos de recoñecido prestixio, que coa súa arte fan deste libro un auténtico tesouro de cor e letras.

Camilo Caamaño Xestido, Xandre Paz, Xan Paz, Pilar Taboada, Isabel Alonso, Ramiro Cimadevila, José Antonio Fondevila, Damián Paío, Beatriz Mosquera, Héitor Picallo, María Lires, Xavier Ríos, Manolo Fragoso, Lois Gil Magariños, Alba de Alba, María Núñez Jalda, Agustín Bastón, Xulio García Rivas, Lito Portela.

Colaboran

Para a publicación de “Bicos” contouse co apoio do Concello de Agolada e as empresas Cooperativa Hoxe (queixos) de Lalín e o restaurante Enxebre Porta do Sol de Lamela, de Silleda.

Na presentación

No acto do venres na Estrada, participarán o profesor e escritor David Otero, o empresario Miguel Villar, os ilustradores Héitor Picallo, Manolo Fragoso e Ramiro Cimadevila; e o autor do libro, Xosé Vázquez Pintor. 

Durante o acto, organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes” poderemos disfrutar coa exposición das ilustracións que forman parte de “Bicos” e tamén dun recitado poético improvisado.

26 de abril de 2017 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.