publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio na parroquia de Grou, en Lobios, xa afecta a unhas 100 hectáreas rasas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe.

Activo Lobios

Permanece activo o incendio forestal iniciado ás 17:35 horas de onte domingo no concello ourensán de Lobios, parroquia de Grou. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 100 hectáreas de monte raso e no seu control levan traballado 6 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 5 helicópteros.

Extinguido Carballeda de Avia

Ás 17:55 horas de onte comezaba un lume no concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes, que quedou extinguido ás 10:41 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de arredor de 20 hectáreas de monte arborado. Na súa extinción levan traballado 3 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que dende as 00:00 horas desta madrugada quedaron prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

10 de abril de 2017 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.