publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais de Santiago esclarecen un incendio en Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun lume no concello de Boqueixón, na provincia da Coruña. Axentes da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes do Distrito Forestal nº III-Santiago Meseta Interior, procederon á imputación dun varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 16 de abril, na parroquia de Santa María de Lamas, no concello de Boqueixón.

O investigado estaba a realizar labores de limpeza nunha finca, non adoptando as debidas precaucións. O lume afectou unha superficie arborada de 4.300 metros cadrados. Foron tramitadas dilixencias e remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en función de garda de Santiago de Compostela. No que vai de ano, son 29 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados nos montes galegos.

20 de abril de 2017 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.