publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Permanece activo un incendio no Concello de As Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesBoiroLocal PortadaNegreiraSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe.

Activo As Pontes

Permanece activo desde as 6:10 horas desta mañá o lume rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, na parroquia de Deveso, que afecta provisionalmente unha superficie dunhas 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 4 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

Controlado Negreira

Controlado ás 13:15 horas o incendio forestal que comezou onte ás 22:36 horas no concello coruñés de Negreira, parroquia homónima. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 80 hectáreas, das cales 40 son de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción traballan 10 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas e 2 pas.

Controlado Boiro

O incendio rexistrado ás 2:00 horas desta madrugada no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures, quedou controlado ás 13:15 horas deste mediodía. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 60 hectáreas de monte raso. Na súa extinción levan participado 9 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e 2 pas.

20 de abril de 2017 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.