publicidade hoxe

Ovidio Rodeiro felicita á asociación Íntegro polo seu 25 aniversario e anímaa a seguir traballando polas persoas con diversidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de Bergantiños
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión con representantes de Íntegro.

Ovidio Rodeiro na reunión con representantes de Íntegro.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Asociación Íntegro que promove a integración das persoas con diversidade funcional nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. Trátase dunha entidade social sen ánimo de lucro, fundada en 1992, e radicada no termo municipal de Cabana. O presidente da entidade, Adolfo López Baña, foi o encargado de recibir ao delegado e mostrarlle as instalacións.

Na reunión, os representantes de Íntegro trasladaron as necesidades e demandas da entidade para poder ofrecer os servizos máis adecuados aos usuarios, así como para prestar o apoio necesario para as súas familias. O delegado territorial destacou, pola súa banda, o compromiso da Xunta con este colectivo e co benestar dos galegos e galegas, de xeito que os recursos continúen a chegar ás persoas que máis o precisan.

“Debemos favorecer a integración das persoas con discapacidade na sociedade, a través de actividades normalizadoras e da sensibilización, tanto das administracións como da poboación en xeral”, explicou o delegado, quen aproveitou para felicitar aos membros da asociación polos 25 anos que están a celebrar. “Íntegro –sinalou- defende a dignidade e os dereitos das persoas con diversidade funcional e promove a plena integración escolar, laboral e social deste colectivo”.

Na actualidade, a entidade conta con 523 persoas asociadas, ás que ofrece servizos de prevención e sensibilización, formación, ocio e coordinación. Íntegro desenvolve a súa actividade no seu centro de día, no centro ocupacional e no centro especial de emprego.

12 de abril de 2017 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.