publicidade hoxe

Os alumnos do CEIP de Tenorio visitan a Base Aérea de Defensa contra os Incendios do Campiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadePontevedra
A-
A+
Visita dos alumnos á base aérea

Visita dos alumnos á base aérea

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañou esta mañá aos alumnos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP de Tenorio (Cotobade) na visita que realizaron á Base Aérea de Defensa contra os Incendios Forestais do Campiño en Pontevedra co obxectivo de coñecer a labor que desenvolven as brigadas que traballan para previr e loitar contra os lumes.

En total, 46 alumnos deste colexio de Cotobade, puideron coñecer a labor dos equipos de brigadistas a través dunha proxección audiovisual sobre a extinción de incendios, a través do propio manexo das ferramentas manuais de extinción, como unha mangueira ou a motobomba, e tamén coñeceron o helicóptero que se atopa nesta base así como falaron os pilotos e os técnicos de mantemento.

Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, así como do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e do xefe do Servizo de Incendios en Pontevedra, Manuel Francisco.

A Base do Campiño conta cun cadro de persoal de 25 persoas entre funcionarios, persoal laboral e tripulación do helicóptero. En época estival, aumenta o número de contratados ata 35, deixando sempre unha quenda de 15 traballadores de garda.

“Na loita contra o lume son moi importante actividades como esta que se está a levar a cabo hoxe aquí, xa que os nenos coñecen os medios cos que contamos para previr e atallar os fogos, tamén coñecen a profesión de quen se dedica a esta importante labor, e incluso aprenden a protexerse do lume ou qué facer cando este se acerca ás súas vivendas”, explicou o delegado territorial, quen recordou que “é especialmente importante no caso de nenos que viven en concellos que sufriron esta lacra, como é o caso de Cotobade, un dos que o ano pasado padeceu un dos máis graves da nosa comunidade. Eles son o noso futuro e teñen que concienciarse do importante que é previr os incendios e defender os nosos montes”.

A base se atopa situada no Distrito Forestal XIX que conta con 368 comunidades de montes e 51.382 hectáreas de extensión.

5 de abril de 2017 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.