publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O XX Máster Nacional de Futbolín reunirá en Rábade a máis dun milleiro de persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugoRábade
A-
A+

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde do Concello de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, o Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, e o Presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro, presentaron o XX Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que terá lugar este xoves, venres e sábado. O organismo provincial colabora na organización desta cita cunha achega de 1.500 euros.

Rivera Capón subliñou que “nesta vixésima edición do campionato agárdase a participación de preto de 500 participantes chegados de diferentes puntos da xeografía galega e do resto do estado, o que dá boa conta do nivel da cita. Ademais, repartiranse máis de 8.000 euros en metálico, así como trofeos aos gañadores”

Este ano renderase homenaxe a David García, recentemente falecido e que foi campión do Máster, creando o trofeo ao mellor porteiro, que se une ao Trofeo Alejandro Finisterre, concedido ao xogador máis regular do Máster.

Programación do Gran Máster Nacional de Futbolín

O XX Gran Máster Nacional de Futbolín, que contará con 5 modalidades e 3 niveis de xogo, desenvolverase en en catro sedes: IES Río Miño de Rábade, Brétema, Os Castro e Papyrus. A programación do campionato é a seguinte:

Xoves, 13 de abril:
- 16:30 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2000-2017)
- 17:00 horas: Sorteo de parellas cegas
- 18:00 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’

Venres, 14 de abril:
- 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’
- 17: horas: Modalidade ‘Feminina’

Sábado, 15 de abril:
- 11:00 horas: Modalidade ‘En movemento’
- 21:00 horas: Finais
- 23:00 horas: Entrega de premios e clausura

12 de abril de 2017 | 17:23 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario