publicidade hoxe

O pleno vigués insta á Xunta a acometer obras de mellora no IES Carlos Casares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

PSOE e Marea acordaron esta mañá esixir á Consellería de Educación que acometa as obras de reforma das instalacións do IES Casares que permitan desenvolver as tarefas educativas en condicións de calidade. Esta moción socialista contou co voto en contra do Partido Popular.

Os grupos do PSOE e da Marea aprobaron unha moción que insta á Consellería de Educación acometer as obras de reforma das instalacións que permitan desenvolver a educación en óptimas condicións de calidade. O texto socialista, que contou co voto en contra do PP, esixe, entre outras cuestións, conectar a rede de saneamento do centro, así como realizar medidas de mellora na seguridade viaria e na accesibilidade das e dos alumnos. Tal e como explicou a concelleira de Educación, son os propios estudantes os que denuncian unha situación que pon en perigo a súa seguridade.

Outra das mocións socialistas que recibiu o respaldo da maioría do Pleno esta mañá foi a que reclama ao Goberno de España que promova as actuacións necesarias para acadar un aumento significativo das previsións dos Orzamentos Xerais do Estado para Vigo. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu un texto -que contou co apoio da Marea e a abstención do PP- no que cualifica de insuficientes as previsións contidas no proxecto de orzamentos para 2017.

Tamén se aprobou, neste caso cos votos do PSOE e a abstención do PP e da Marea, solicitar ao goberno de España e da Xunta de Galicia a adopción de medidas para impedir o uso de incentivos prohibidos polo dereito da UE incompatibles coas regras de libre competencia e contrarios á cooperación leal que debe imperar na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Jaime Aneiros reclamou ás administracións competentes que se establezan medidas para fortalecer a Vigo e a súa área de influencia como o principal polo económico do sur de Galicia.

26 de abril de 2017 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.