publicidade hoxe

O obradoiro de emprego Vigo Capacita III ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Intervención de Ignacio López-Chaves

Intervención de Ignacio López-Chaves

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá no Centro Cultural de Valladares o obradoiro de emprego Vigo Capacita III, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas durante os últimos 6 meses.

Este programa mixto de formación e emprego se centrou en operacións básicas de cociña, restaurante e bar que posibilitaron un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

No caso concreto de Vigo, o obradoiro formou a 20 alumnos e alumnas que traballaron na elaboración dos menús dos Almorzos saudables, aperitivos, pratos de degustación para as Xornadas de Portas Abertas, no servizo de menús para o comedor social La Sal de la Tierra e na difusión de receitas nas redes sociais durante os últimos 6 meses. Ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao concelleiro vigués de Emprego, Santos Héctor, participaron esta mañá na clausura. O representante da Administración autonómica na área felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por un director, unha titora, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividade que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

A convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

17 de abril de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.