publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O concello do Rosal acolle a mostra “De Pontevedra a Río 2016″

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO RosalPontevedra
A-
A+

A exposición fotográfica da Deputación de Pontevedra “De Pontevedra a Río 2016″ segue o seu percorrido polas vilas da provincia. Esta mostra, que lles rende homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas, por unha banda, e paralímpicos e paralímpicas, pola outra, da provincia de Pontevedra que participaron nas últimas edicións dos Xogos Olímpicos e dos Xogos Paralímpicos, chega á vila do Rosal mañá, 11 de abril, cunha inauguración que se celebrará na Casa Consistorial de Ponteareas ás 13:00 horas e á que asistirán a Deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, e a tenente de alcaldía do Rosal, Mª Carmen Alonso.

O Rosal acolle esta mostra itinerante que comezou no Pazo Provincial o pasado mes de outubro e que está a percorrer diversas localidades da provincia como Tui, Cambados, Nigrán, Sanxenxo, Lalín, As Neves, Silleda, A Estrada, Marín ou Ponteareas. Estas nove vilas xa acolleron unha exposición que ten previstas arredor de 20 paradas ao longo deste ano. No concello do Rosal permanecerá ata o domingo 23 de abril cun horario de visitas de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde.

“De Pontevedra a Río 2016″ recolle o palmarés dos e das 16 deportistas olímpicos e olímpicas e paralímpicos e paralímpicas da provincia de Pontevedra, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de “Río 2016″ son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

10 de abril de 2017 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.