publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Vigo acollerá o 23 de abril o espectáculo familiar VALADOS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

A programación de Vigocultura levará o domingo 23 ao Auditorio Municipal a obra para público familiar VALADOS. O espectáculo, ademais conmemorar o Día Internacional do Libro, será unha homenaxe ao seu autor, Agustín Fernández Paz, falecido en Vigo o pasado mes de xullo.

Este domingo día 23 de abril representarase no Auditorio Municipal do Concello a obra “VALADOS” para público familiar, dentro da programación de Vigocultura do primeiro semestre. Esta obra ten unha dobre vertente: a conmemoración do Día Internacional do Libro a o recoñecemento e homenaxe ao seu autor Agustín Fernández Paz, falecido o pasado mes de xullo na nosa cidade onde residía dende hai tempo.

A obra conta a historia de Helena e Xoel, da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida até que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertelas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza do veciño… Prexuízos adultos suficientes para erguer un valado que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro. A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados. Un espectáculo no que a través da música, a meirande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección. …

Ficha:

_ Compañía: ARTESTUDIO TEATRO
_ Xénero: teatro
_ Autoría: Agustín Fernández Paz
_ Dirección: Xurxo Cortázar
_ Adaptación: Rubén Ruibal
_ Escenografía e vestiario: Neves Seara
_ Deseño de son e música: Manu Clavijo
_ Deseño de iluminación: RTA
_ Coreografía: Kirena Celia Martínez Acosta
_ Elenco artístico: Ramiro Neira, Estefanía Gómez e Xurxo Cortázar
_ Idioma: galego
_ Público: + 5 anos
_ Prezo: 5 €
_ Duración: 55 minutos
_ Venda de entradas: Ticketea

19 de abril de 2017 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.