publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural adianta o 50% do pago das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural fixo efectivo o anticipo do 50% da orde de axudas para o fomento das razas autóctonas galegas. Deste xeito, os beneficiarios destas axudas cobrarán un adianto destas subvencións co fin de facilitarlles o desenvolvemento das súas actividades.

Esta liña de achegas está dotada con 200.000 euros, un 19% máis que na pasada convocatoria e ten entre os seus obxectivos conservar estas razas entre a cabana gandeira de Galicia, xa que son un recurso xenético fundamental na preservación de ecosistemas e pastos. Trátase tamén dunha ferramenta útil para a fixación da poboación no medio rural, pois incrementa a calidade, a competitividade e o valor engadido dos produtos.

Os beneficiarios das achegas -organizacións e asociacións de criadores das razas autóctonas galegas recoñecidas oficialmente para a xestión do Libro Xenealóxico destas especies- cobrarán nos vindeiros días este anticipo para así cubrir os gastos derivados da creación e mantemento de libros xenealóxicos, os do local ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento, actualización ou adquisición.

Tamén son subvencionables os gastos que se deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no que se recollen as actividades destinadas á conservación in situ da mesma, así como a creación e mantemento de bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando.

17 de abril de 2017 | 16:26 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario