publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente invitará a deputacións e concellos a sumarse ao convenio co IGN para obter fotografías aéreas a gran escala dos núcleos urbanos galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Beatriz Mato na reunión da comisión de coordinación. Foto: X. Crespo

Beatriz Mato na reunión da comisión de coordinación. Foto: X. Crespo

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, adiantou esta mañá que o Instituto de Estudos do Territorio invitará ás deputacións provincias e aos concellos galegos a sumarse ao convenio de colaboración co Instituto Xeográfico Nacional (IGN), que ten por obxecto acadar e obter fotografías aéreas a gran escala para áreas ou núcleos urbanos. Así o puxo de manifesto esta mañá na reunión da Comisión de coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía.

A conselleira recordou que o Plan Nacional de Ortografía promovido polo IGN persegue o obxectivo de facer voos fotogramétricos e coberturas de ortofotografías do territorio español dun xeito colaborativo. O plan sigue activo e nestes anos conseguiu facer a lo menos catro coberturas completas do territorio nacional con 25 cm de píxel nas ortofotografías no caso de Galicia.

Indicou que desde hai poucos anos comenzouse a estudar a posibilidade de facer ortofotografía con máis resolución en nas zonas urbanas ou con gran dinámica, como as costas. Neste momento ábrese a posibilidade de amplialo ao territorio galego, para elaborar unha cartografía a maior escala, como de 1:500 e 1:1.000, son óptimas para o planeamento urbanístico e para outras actuacións de carácter local.

Mato Otero aclarou que a aplicación do proxecto tería múltiples usos en ámbitos como, a planificación urbanística, o catastro, a disciplina urbanística (construcións nas cubertas, fachadas,…), as emerxencias e seguridade cidadá, a xestión de redes de saneamento, abastecemento, a recollida de residuos ou a mobilidade.

Por outra banda, a conselleira adiantou que se realizará unha proposta de plan de formación en manexo e implantación de tecnoloxías da información xeográfica nos concellos de Galicia. Unha das razóns que xustifican este plan formativo é que para levar a cabo as labores de captura, xestión e difusión de información xeográfica, a maior parte dos concellos necesitan unha formación especializada para os técnicos municipais.

Así, o IET formula a posibilidade de realizar un Plan de Formación que permita ao persoal do Concello utilizar as últimas tecnoloxías para xestión dos datos do seu territorio. Estes cursos por provincias estarían impartidos polos técnicos do IET, e permitirán aos responsables municipais coñecer o manexo das ferramentas dos sistemas de información xeográfica, escoller as mellores fontes de información ou coñecer as técnicas de elaboración de cartografía.

Por último, indicou que este plan camiña na liña do obxectivo do convenio, que asinaron o IET e a FEGAMP no 2012, de facilitar o acceso á cidadanía de toda a información xeográfica producida polo sector público, e facelo de xeito sinxelo.

17 de abril de 2017 | 15:47 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario