publicidade hoxe

Medio Ambiente analizará a posibilidade de colaborar con Pontedeva na mellora da rede de abastecemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeva
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, indicoulle ao alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González Carbajales, que Augas de Galicia analizará a posibilidade de colaborar na mellora da rede de abastecemento no municipio.

A conselleira mantivo unha reunión no seu despacho co rexedor municipal para analizar as necesidades deste concello da provincia de Ourense.

O rexedor indicou que é necesario levar a rede de distribución municipal a varios puntos, polo que a conselleira agradeceulle o traslado dunha memoria valorada sobre a actuación necesaria, co fin de que Augas de Galicia poida analizala e determinar a colaboración posible.

28 de abril de 2017 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.