publicidade hoxe

Marta Míguez destaca “a importancia do deporte” no campionato provincial Xogade de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Marta Míguez no campionato escolar en Pontevedra

Marta Míguez no campionato escolar en Pontevedra

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asistiu na mañá de hoxe ao IX Campionato Escolar de Orientación Provincial no que participaron 376 nenos nacidos entre 2001 e 2004 e que tivo lugar na contorna da Illa das Esculturas de Pontevedra. Alí, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico destacou a “importancia dun deporte como a orientación que se atopa en pleno crecemento e que fomenta hábitos tan importantes como o respecto á natureza e aos outros competidores”. Do mesmo xeito, Marta Míguez insistiu que “o deporte debe de estar sempre presente na educación dos máis cativos porque xera modelos de vida saudable que lles acompañarán ao longo da súa vida”.

Esta iniciativa está patrocinada polo programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas e que recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promovida dende a Xunta de Galicia. A secretaria xeral salientou a “gran oferta do programa Xogade que pon a disposición dos nenos e nenas de Galicia actividades como atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, béisbol, sóftbol, campo a través, duatlón, fútbol sala, natación, orientación, patinaxe artística, tenis de mesa, voleibol ou xadrez”.

Os 376 nenos e nenas de infantil e cadete que participaron neste campionato organizado polo Servizo de Deportes Provincial de Pontevedra xunto coa FEGADO (Federación Galega de Orientación) e o Clube AROMÓN (Pontevedra Montañeiros A Roelo), proveñen dos centros escolares do IES A Xunqueira (Pontevedra), IES Valle Inclán (Pontevedra), IES María Soliño (Cangas), IES de Barro, IES de San Paio (Tui), CPI da Cañiza e o Clube Habelas Hainas.

5 de abril de 2017 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.