publicidade hoxe

Marisol Díaz analiza coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras as necesidades desta localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de Valdeorras
A-
A+
Marisol Díaz na reunión coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras

Marisol Díaz na reunión coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, continuou hoxe a rolda de encontros institucionais cos alcaldes da provincia. O obxectivo destas reunións é coñecer de primeira man as necesidades dos concellos ourensáns, así como analizar aqueles proxectos que pode desenvolver o Goberno galego neles.

Así, hoxe mantivo unha xuntanza coa alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González, na que a máxima representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle á rexedora deste municipio “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

5 de abril de 2017 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.