publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Luz verde ao comezo do proceso de reestruturación parcelaria na parroquia de Santa María de Trazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTrazo
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión

Ovidio Rodeiro na reunión

O Comité Técnico Asesor de Reestruturación Parcelaria, constituído esta mesma semana, e presidido polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, celebrou hoxe a súa primeira reunión executiva. Nela decidiuse dar luz verde ás bases e ao Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria do proceso de concentración na parroquia de Santa María de Trazo, no concello de Trazo, unha vez recibidos todos os estudos favorábeis.

O proxecto de concentración parcelaria abarca unhas 616,7 hectáreas, nunha zona dividida en dúas áreas separadas por unha elevación que a divide en dirección nordeste-suroeste. A área de actuación comprende dous núcleos de poboación principais, emprazados ao norte e ao sur, quedando o espazo restante conformado por áreas de aproveitamento agrícola de clara orientación forraxeira. Segundo se desprende dos informes, tamén coexisten os usos forestais e agrícolas con pequenas plantacións de piñeiro, eucalipto e praderías. A presenza de vexetación autóctona queda reducida ás ribeiras e marxes dos cursos de auga, pés soltos e a unha pequena masa situada ao norte.

As actuacións propostas contan cos informes da Dirección Xeral de Patrimonio, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Sociedade Galega de Historia Natural e do Concello de Trazo. A folla de ruta do proceso iniciarase co plan de obras, para acometer de seguido o plan de concentración e abordar, xa na súa fase definitiva, o plan de acondicionamento de fincas. O promotor e órgano substantivo do proxecto é a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural.

28 de abril de 2017 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.