publicidade hoxe

Luis Menor asiste en Cantabria ao simulacro de emerxencias de nivel 3 organizado pola Unidade Militar de Emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Luis Menor no simulacro de emerxencias

Luis Menor no simulacro de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiu hoxe ao exercicio-simulacro que a Unidade Militar de Emerxencias, do Ministerio de Defensa, levou a cabo en Torrelavega, onde participaron gran número de efectivos tanto autonómicos como nacionais.

Este exercicio que se encadra nos que anualmente a UME Unidade Militar de Emerxencias realiza en distintos lugares de España e para determinados riscos, este ano ten por obxectivo ensaiar os procedementos para pasar de unha emerxencia de nivel 2, cuxa dirección operativa correspondente as autoridades autonómicas a un nivel 3 que supón a declaración de emerxencia de interese Nacional pasando dita emerxencia a ser dirixida polas autoridades nacionais.

Os escenarios buscados en Cantabria ten que ver coa simulación dun risco natural de inundacións, en distintos lugares da zona de Torrelavega, Suances, Corrales de Balbuena… que se verá agravado por un accidente tecnolóxico que afecta a empresas químicas.

Todo este movemento de medios e recursos estatais e autonómicos con mandos diversos, serviran para mellorar a coordinación entre autoridades competentes, comprobar a efectividade dos plans estatais e autonómicos e mellorar a interoperabilidade entre diversos organismos e entidades.

6 de abril de 2017 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.