publicidade hoxe

Luis López Diéguez analiza vías de cofinanciación do futuro edificio asistencial coa Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRodeiro
A-
A+
Cores Tourís na reunión co alcalde de Rodeiro

Cores Tourís na reunión co alcalde de Rodeiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, profundizaron esta mañá, xunto ao alcalde de Rodeiro, Luis López Diéguez, no proxecto de execución do novo edificio polivalente de uso asistencial que se vai a executar nas antigas vivendas de mestres do municipio dezano.

En concreto, o rexedor analizou con ambos responsables autonómicos as posibles vías de colaboración económica coa Xunta de Galicia de cara a pechar as diferentes fases de execución deste edificio, despois de que o concello conseguira o compromiso financieiro doutras administracións.

Deste xeito, analizouse a posibilidade de que se poida firmar un convenio de colaboración con diversos departamentos da administración autonómica, como pode ser a Consellería de Política Social a través do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar. Deste xeito, o alcalde comprometeuse a aportar á Xunta maior información sobre os datos económicos necesarios para a execución do novo centro sociocomunitario.

De feito, López Diéguez informou a José Manuel Cores Tourís e Perfecto Rodríguez de que a Xunta de Goberno local de Rodeiro aprobou esta semana o proxecto técnico para a construción deste edificio que dará servizo e atención á poboación maior do concello a través da posta en marcha de actividades de envellecemento activo.

O edificio executarase sobre as antigas vivendas de mestres que serán derribadas. O proxecto inclúe, ademais da construción do novo edificio, a execución dunha praza que facilitará a accesibilidade aos usuarios, xerando tamén un contorno público con bancos e área de lecer para a poboación.

27 de abril de 2017 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.