publicidade hoxe

Licítase o equipamento do fogar residencial da terceira idade de Baleira cun investimento de 150.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaleira
A-
A+

A Consellería de Política Social licita en 149.394 euros o contrato de equipamento e amoblamento do fogar residencial e centro de día do Cádavo (Baleira). O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da licitación das subministracións precisos, no que supón “un paso definitivo para a posta en marcha deste centro”, segundo afirmou o delegado territorial, José Manuel Balseiro.

As empresas interesadas teñen un prazo de 15 días para presentar as súas ofertas, e o contratista seleccionado disporá de 30 días para proporcionar o material e deixar equipado o fogar residencial.

O centro dispón de capacidade para 20 usuarios en centro de día e 24 usuarios en fogar residencial. Foi construído pola Xunta de Galicia e contou cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Para levar a cabo a obra, o concello cedeu os terreos a título gratuíto.

12 de abril de 2017 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.