publicidade hoxe

Licitado o equipamento para o novo centro de día e mini-residencia de Vilardevós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseVilardevós
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución que anuncia a licitación polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria para contratar o subministro de equipamento e amoblamento do centro de día e mini-residencia para maiores de Vilardevós, en Ourense.

O orzamento desa actuación é de 178.303,27 euros e o prazo de execución, de 30 días. As empresas interesadas en participar nese concurso terán 15 días naturais dende mañá, martes, 18 de abril -o día seguinte á publicación do anuncio no DOG-, para presentar as súas ofertas. Concretamente, poderán facelo ata o 2 de maio ás 14,00h.

O centro de día e mini-residencia de Vilardevós, construído polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, supuxo un investimento total de case 1,5 millóns de euros, incluíndo estudos previos, dirección, proxectos e obra.

A licitación do equipamento e amoblamento do centro de día e mini-residencia de Vilardevós é un paso adiante cara á posta en servizo desa infraestrutura ao servizo dos maiores, que está prevista para este ano 2017. As instalacións contan cunha superficie de máis de 1.327 metros cadrados e ofertarán un total de 40 prazas de centro de día e 24 de fogar residencial.

17 de abril de 2017 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.