publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Invístense máis de 170.000 euros en mellorar a área recreativa da Madalena, en Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilalba
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o concello de Vilalba para coñecer de primeira man o resultado das obras acometidas para mellorar a área recreativa da Madalena, nas que a Xunta investiu máis de 170.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental.

Os traballos consistiron fundamentalmente na mellora de vías; construción de beirarrúas e paseos peonís par dar acceso ás instalacións deportivas; e acondicionamento da zona de entrada á piscina, do aparcadoiro do campo de fútbol e de zonas verdes. As actuacións realizáronse nesta zona polo seu elevado interese paisaxístico e natural, nunha área que tamén concentra unha gran parte dos servizos deportivos e de ocio da localidade.

As obras financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, unha ferramenta que permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas na súa contorna. A orde para este ano, publicada en xaneiro, dispón dun orzamento global de 7,7 millóns de euros.

Con todo, esta non é a única liña de colaboración establecida co concello de Vilalba, que tamén recibiu o ano pasado un total de 40.000 euros para o acondicionamento da Rúa da Feira, ao abeiro da orde de axudas para infraestruturas.

En total, se se computan as liñas de colaboración do departamento autonómico coa capital chairega desde 2009, o investimento total ascende a un total de 1,5 millóns de euros.

Rueda, que estivo acompañado na visita polo alcalde, Agustín Baamonde, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que colaboracións como a mantida co concello de Vilalba son a mostra de que o traballo conxunto das administracións redunda nun beneficio directo á cidadanía.

19 de abril de 2017 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.