publicidade hoxe

Ignacio López-Chaves: “O transporte metropolitano na área de Vigo continúa funcionando en 12 concellos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Rolda de prensa de Ignacio López-Chaves

Rolda de prensa de Ignacio López-Chaves

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para valorar o anuncio do alcalde Abel Caballero de denunciar un convenio que “nunca chegou a cumpriu”. Trala ausencia do Concello vigués o pasado venres na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, o representante do Goberno galego nesta área territorial lamentou a cerrazón do rexidor a dar por válida unha iniciativa que funciona, pois segundo dixo “máis de 13.000 vigueses dispoñen de tarxeta de transporte metropolitano”.

Neste senso, indicou que “coa a súa actitude o alcalde prexudica seriamente aos vigueses, aos que impide e prohibe aforrar” ao negarse a incorporar Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que “segue funcionando en 12 concellos”. Dende a súa posta en marcha, detallou, téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes entre autobús e barco aos cidadáns da área. “O Plan está a funcionar con éxito e se constata que cada vez e maior a demanda dunha iniciativa que permite acadar descontos de ata 600 euros ao ano en desprazamentos cotiáns”, dixo.

“Non é de recibo que o alcalde impoña un transporte urbano máis caro ao incumprir o que firmou e, con isto, impida aos vigueses abaratar os seus desprazamentos”, indicou López-Chaves. “Xa o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o alcalde goberna Vigo coma se fose un cortijo, e os vigueses non somos súbditos de ninguén. Caballero non pode por capricho prexudicar aos cidadáns, que hoxe non se benefician das vantaxes do transporte metropolitano como noutras cidades”, insistiu. “Ao non estar Vigo no plan, os cidadáns non poden acceder aos transbordos gratuítos co autobús urbano e perden a oportunidade de aforrar 400 euros máis o ano”, remarcou o delegado territorial da Xunta en Vigo, ao tempo que invitou ao alcalde a mudar de actitude.

10 de abril de 2017 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.