publicidade hoxe

Ignacio López-Chaves interésase pola Asociación Cultural Maru de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
López-Chaves interésase pola asociación Maru

López-Chaves interésase pola asociación Maru

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, interésase pola Asociación Maru, que xorde da idea dun grupo de estudantes en colaboración co departamento de Xaponés da Escola Oficial de Idiomas (EOI) na cidade co obxectivo de fomentar as relacións entre as comunidades nipona (residentes o de paso en Galicia) e galega.

López-Chaves aproveitou unha visita acompañado polo director da EOI viguesa, Dionisio Martínez Soler, para coñecer as iniciativas da devandita asociación cultural que, entre outras cuestións, ofrece apoio ao departamento de xaponés da Escola Oficial de Idiomas e a Embaixada de Xapón durante as chamadas Xornadas Culturais. O representante do Goberno galego na área territorial departiu con algúns dos seus integrantes sobre os intercambios culturais que organizan cos xaponeses residentes na provincia ou que estudan nalgunha das universidades galegas, con charlas en ámbolos dous idiomas e visitas guiadas pola cidade de Vigo.

Segundo lle trasladaron ao delegado, traballan para que a Universidade de Vigo formalice un convenio con algunha universidade nipona coa finalidade de traer máis nativos á cidade.

12 de abril de 2017 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.