publicidade hoxe

Educación celebra o Día da Danza no Gaiás cun obradoiro de baile en familia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o vindeiro 29 de abril no Museo Centro Gaiás o ‘Día da Danza’ cunha actividade familiar na que descubrir os bailes tradicionais.

Con motivo do Día da Danza, que conmemoramos cada 29 de abril para homenaxear a Jean Georges Noverre, creador do ballet moderno, a Cidade da Cultura pon en marcha un obradoiro de baile en familia seguindo as indicacións de Mercedes Prieto e ao son de Serxio Cobos, que interpretará en vivo diferentes instrumentos como o acordeón, a gaita e percursións.

Os asistentes poderán descubrir e aprender xogos e bailes de roda galegos como o Xogo da Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoánou o Gharutiño. E ademais recibirán unha introducción ás danzas dos maios, xa próximos no calendario.

A actividade está pensada para todos os públicos a partir de 5 anos e terá lugar o sábado 29 de abril ás 18 horas. As entradas xa están á venda a un prezo de 3 euros no Museo Centro Gaiás e ataquilla.com (+gastos de xestión). Como todas as actividades culturais da Cidade da Cultura, este obradoiro pola Día da Danza conta cunha serie de descontos e promocións que poden consultarse en cidadedacultura.gal.

12 de abril de 2017 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.