publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a un home en Ourense por incumprimento da orde de afastamento da súa parella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da detención dun home por incumprimento dunha sentenza que prohibía comunicarse e aproximarse á súa ex-parella, da cal tiña orde de afastamento.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención dun varón ao sorprendelo quebrantando de novo a medida xudicial decretada.

Polos feitos foron tramitadas dilixencias na comisaría da Policía Nacional de Ourense e foi posto a disposición xudicial. O xulgado de instrución número 3 decretou o seu ingreso en prisión.

Actualmente a Unidade Adscrita en Galicia ten asignada a protección dun total de 177 vítimas de Violencia de Xénero.

21 de abril de 2017 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.