publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís comproba o inicio dos traballos de rehabilitación do firme da glorieta de Mollabao no enlace de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarínPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita ás obras de rehabilitación do firme

Cores Tourís na visita ás obras de rehabilitación do firme

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o inicio das obras de rehabilitación do firme da glorieta de Mollabao do enlace de Marín, que serve de conexión entre a variante de Marín e a estrada PO-11. Concretamente, o punto no que se renovará sitúase na parroquia de Lourizán no Concello de Pontevedra. Na visita, José Manuel Cores Tourís estivo acompañado do xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez.

Para a súa execución, no pasado mes de marzo tramitouse o contrato menor de obras de rehabilitación de firme na estrada VG-4.4, no punto quilométrico 0+000, na glorieta de Mollabao, que foi adxudicado a Covsa, por máis de 21.000 euros.

Segundo explicou Cores Tourís, o Goberno galego é responsable da conservación e mantemento da parte desta infraestrutura na que agora vanse a levar a cabo ditas actuacións, tal como se acordou entre o Ministerio de Fomento e o Executivo autonómico para a conservación dos enlaces entre estradas de titularidade das dúas administración. “Esta actuación sitúase nó ámbito de responsabilidade autonómica, que abarca desde a glorieta e o paso superior sobre a PO-546, ambos inclusive”, engadiu o delegado territorial.

A obra consistirá no fresado do firme e reposición con mestura bituminosa en quente e, posteriormente, repintarase no carril exterior dunha parte da glorieta e no ramal de saída na PO-11 cara a AP-9. Hoxe levarase a cabo o fresado e reposición do firme e, posteriormente, procederase ao ao repintado.

Para realizar os traballos haberá afeccións puntuais ao tráfico durante a xornada de hoxe e a de mañá, martes, nesa última xornada levaranse a cabo os traballos de repintado. Os movementos na glorieta organizaranse mediante sinalistas.

O delegado territorial destacou que a Axencia de Infraestruturas calcula que diariamente transitan por esta glorieta máis de 20.000 vehículos mentres que a intensidade media diaria no ramal ás estradas PO-10 e AP-9 supera os 24.000, “dos cales o 10% son vehículos pesados, é dicir, un 2.400, 1.200 diario por sentido”.

10 de abril de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.