publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís comproba o equipamento térmico de biomasa que puxo en marcha o concello da Illa de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de Arousa
A-
A+
Cores Tourís na visita ao Concello da Illa de Arousa

Cores Tourís na visita ao Concello da Illa de Arousa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou esta mañá o concello da Illa, acompañado do alcalde da localidade, Carlos Iglesias, para comprobar a instalación cunha caldeira de biomasa no Museo da Conserva executada grazas a unha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Na visita estiveron acompañados do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial.

O concello da Illa de Arousa instalou unha caldeira de biomasa no Museo da Conserva a través dunha axuda solicitada ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) de máis de 21.431 euros, a través da liña de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa. En total, o investimento superou os 28.500 euros.

En relación as axudas para a instalación de caldeiras de biomasa, Cores Tourís destacou que en 2016 beneficiáronse destas subvencións, na provincia de Pontevedra, 12 concellos, os de Vila de Cruces, Cuntis, Forcarei, Dozón, Cambados, Silleda, Bueu, Illa de Arousa, Lalín, Porriño, Meis e Covelo, destinando o INEGA un montante total de 565.622 euros para a execución de un total de 28 caldeiras. Estes proxectos supuxeron un investimento global de 780.000 euros.

Segundo informou o delegado territorial, a nova liña de axudas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa contará con 4,6 millóns de euros, dos cales 1 destinaranse a proxectos de entes municipais. A solicitude destas subvencións está aberta ata o 24 do presente mes, e os beneficiarios, ademais dos concellos, tamén poderán ser edificios da administración (cunha dotación orzamentaria de ata 1,3 millóns de euros), entidades sen ánimo de lucro (350.000 euros), e empresas legalmente constituídas e autónomos (2 millóns de euros). O porcentaxe de axuda será do 80% no caso das entidades públicas e dun 50% no resto, cunha contía máxima de axuda por proxecto de 200.000 euros e por solicitante de 1 millóns de euros.

Por outra banda, tamén está aberta unha liña de axudas para persoas físicas, agrupacións privadas ou propietarios de inmobles do sector residencial de cara a poñer en marcha pequenas infraestruturas de equipamentos térmicos de biomasa. Neste caso, a contía global da convocatoria ascende a 2,2 millóns de euros.

17 de abril de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.