publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Controlado o incendio forestal na parroquia de Grou, no municipio ourensán de Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Grou, está controlado desde as 22:10 horas de onte luns. Este incendio forestal comezou o domingo ás 17:35 horas e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie dunhas 150 hectáreas, das cales 100 son de monte raso e as 50 restantes de arborado. No control do lume traballaron 8 axentes, 21 brigadas, 11 motobombas e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

11 de abril de 2017 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.