publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comisan máis de media tonelada de ourizo extraído de forma ilegal en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Ourizos decomisados en Carnota

Ourizos decomisados en Carnota

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron nos últimos días 575 quilos de ourizo. Foi nunha actuación realizada na zona de Lariño, en Carnota, onde varias embarcacións estaban faenando nunha zona que non lle correspondía.

A Consellería do Mar fai un chamamento á cidadanía para que non adquira peixe e marisco fóra das vías legais, xa que pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale.

20 de abril de 2017 | 16:20 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario