publicidade hoxe

Carmela Silva asina co alcalde de Portas un convenio para a xestión das altas no imposto sobre vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPortas
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, asinou esta mañá no seu despacho un convenio de colaboración co alcalde de Portas, Víctor Estévez Casal, polo cal o servizo ORAL da institución provincial pasará a prestar o servizo de xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) deste concello.

Este convenio ten unha duración de dez anos e poderá ser prorrogado por períodos iguais e, a maiores, o ORAL xa estaba a xestionar algúns dos impostos e taxas máis importantes de Portas como a recadación executiva, o IBI, o IAE e, ademais, a xestión catastral.

Lembramos que o ORAL é o servizo da Deputación de Pontevedra encargado de realizar a xestión, inspección e recadación de tributos e outros ingresos de dereito público dos concellos que delegan as súas competencias na institución provincial. Á súa vez, encárgase de todos os trámites e xestións relacionadas coa competencia sancionadora que lle sexa delegada, en especial a relativa ás multas de tráfico. O ORAL ofrece aos concellos da provincia a totalidade da tramitación dos seus impostos por delegación.

O ORAL ofrece servizos de información á persoa contribuínte (información tributaria, calendario fiscal, procedementos de recadación, información sobre formas de pagamento), tramitación de expedientes (cambios de titularidade, división de recibos, beneficios fiscais…), emisión de documentación (de existencia ou non de débedas, xustificantes de pagamento e relativa aos obxectos tributarios –solicitude de axudas á dependencia, de avogado/a de oficio…-) e outros, como a tramitación de expedientes catastrais ou asesoramento sobre recursos e comparecencias presentados ante a Xerencia do Catastro de Pontevedra.

10 de abril de 2017 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.