publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Caldas de Reis e Cuntis converteranse en capitais do termalismo estatal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisCuntisGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

Os concellos de Caldas de Reis e Cuntis acollen este venres e o sábado a duodécima edición do Encontro de Vilas Termais, organizada pola Xunta de Galicia, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Deputación de Pontevedra.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participará mañá na inauguración do encontro así como na mesa redonda Políticas Públicas en Turismo de Salud que se celebrara durante o mesmo.

As xornadas, nas que estarán presentes representantes de institucións públicas e vilas termais a nivel galego, estatal e internacional, con presenza de autoridades portuguesas, e tamén profesionais ligados ao termalismo, farase fincapé en aspectos como a necesidade da internacionalización dun sector que precisa a alianza entre as institucións públicas e o sector privado para a súa correcta promoción.

Sector á alza

O turismo termal leva en alza dende o ano 2011, crecendo en Galicia un 40% en 2016 e con Pontevedra, a segunda provincia con máis recursos termais unicamente por detrás de Barcelona, tamén dentro desta tendencia.

Durante o encontro, as persoas asistentes coñecerán algúns dos recursos naturais e patrimoniais máis importantes da provincia de Pontevedra, como os xardíns do Castelo de Soutomaior, o xacemento arqueolóxico da Lanzada ou os cascos históricos de Combarro, en Poio, e Pontevedra.

Ademais, o sábado terá lugar a Asemblea da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais onde, entre outros asuntos, se escollerá a súa nova xunta directiva.

6 de abril de 2017 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.