publicidade hoxe

Caballero compromete a humanización íntegra da Avenida Gregorio Espino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde durante unha visita este martes á remodelación da Avenida, explicou que o goberno vigués inviste 400.000 euros na segunda fase dunha mellora que inclúe a renovación e a “cobertura artística” dos muretes que delimitan as entradas do túnel. Caballero asegurou que se humanizará toda a avenida.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este martes á Avenida Alcalde Gregorio Espino, onde o goberno que encabeza está a executar a segunda fase da humanización do vial, que comprende da Travesía Pino á rúa San Roque.

O Concello de Vigo adica á reforma 400.000 euros, explicou Abel Caballero. A humanización modernizará tanto a superficie como as redes de servizos soterradas, con medio quilómetro de novas redes de abastecemento de agua, saneamento e pluviais. O alcalde asegurou que toda a avenida será humanizada e que no tramo inicial xa se leva investido un millón de euros.

O rexedor vigués apuntou que a remodelación leva aparellada a “cobertura artística” da entrada do túnel, unha obra protagonizada por un polvo e que presenta “singularidades” na visión segundo a perspectiva.

18 de abril de 2017 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.