publicidade hoxe

As obras de mellora da rúa de Vigo reforzarán a seguridade viaria, humanizarán e revitalizarán a contorna de Chapela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ás obras en Chapela

Ethel Vázquez na visita ás obras en Chapela

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, supervisou hoxe o inicio das obras de mellora da estrada que une Chapela e Vigo, a PO-323, a denominada rúa de Vigo, que reforzarán a seguridade viaria e humanizarán e revitalizarán esta contorna.

O Goberno galego está a comezar os traballos desta primeira fase de reurbanización da rúa de Vigo que conta cun investimento que ascende aos 2,3 millóns de euros, e do que case un 85% será achegado pola Xunta. O 15% restante correspóndese co custo das melloras dos servizos de saneamento e pluviais e será financiado polo Concello de Redondela.

Trátase dunha estrada moi transitada polos máis de 7.000 veciños de Chapela, pero tamén por outras persoas que, por razóns de traballo ou por ocio, se achegan a esta zona de Redondela para facer as súas compras, para dirixirse ao seu posto de traballo ou para desfrutar da contorna.

A titular de Infraestruturas salientou que con estes traballos a Xunta cumpre a palabra dada con relación a esta actuación moi demandada e de grande importancia tanto para os veciños da rúa de Vigo, que contarán con beirarrúas máis anchas para facer os seus desprazamentos de xeito máis cómodo e seguro; como para os vehículos que cada día se achegan ata Chapela, que verán mellorado o seu acceso e reforzada a seguridade.

Vázquez Mourelle explicou que o proxecto supón a reurbanización da rúa, ao longo de 1 km, dende a contorna do Mercado Municipal e da Alameda ata a Baixada á praia de Arealonga, unha zona moi concorrida polos peóns, polo que tamén se preveu unha renovación integral e ampliación das beirarrúas. Tamén se realizará unha mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado, canalizacións eléctricas…

Esta actuación contempla a mellora da seguridade viaria na intersección onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións, pero tamén na baixada á praia de Arealonga.

26 de abril de 2017 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.