publicidade hoxe

Antón de Santiago presenta o libro “Cantigas Líricas Galegas” no CGAC compostelán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiso
A-
A+
Portada do libro "Cantigas Líricas Galegas"

Portada do libro

Este xoves, 27 de abril, ás 20,00 h, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá a presentación de “Cantigas Líricas Galegas”, o novo libro de Antón de Santiago composto de partituras para canto e piano e pezas corais.

Este libro de partituras componse de tres partes, identificando un primeiro apartado de partituras para canto e piano ao que seguen; noutro capítulo, partituras para pezas corais; e un anexo final con textos en galego e castelán dos poemas musicalizados nos anteriores apartados.

Colaboran

A publicación de “Cantigas Líricas Galegas”, editado por Edicións Fervenza, contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Na presentación

No acto deste xoves en Santiago, participarán o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o autor do libro, Antón de Santiago. Tras a presentación seguirá un concerto no que se interpretarán algunhas das pezas incluídas en Cantigas Líricas Galegas.

Antón de Santiago

Antón de Santiago foi, ata hai un ano, responsable da Cátedra de Canto no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

É cantante e compositor, autor, actor e director teatral e novelista. Ten publicadas as obras Voz e Canto, Ofelia Nieto, una gallega en el olimpo del belcanto e Custodio ou A Fe do Carboeiro, sobre o roubo do Códice Calixtino. Así mesmo, ten estreadas 25 pezas teatrais de humor.

26 de abril de 2017 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.