publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alerta por temporal de nivel laranxa que afectará o litoral oeste e noroeste da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral oeste e noroeste da Coruña a partir das 12 horas desta noite. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 00,00 horas do mércores espéranse ventos que poden acadar refachos de forza 8.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil; e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Permanecer lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do Centro de emerxencias do 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

18 de abril de 2017 | 16:48 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario