publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia de Quins, no concello de Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelónPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins.

O lume iniciouse esta tarde ás 16:30 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 1 axente, 3 brigadas, 1 motobomba e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

11 de abril de 2017 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.