publicidade hoxe

A Xunta investirá 800.000 euros na rehabilitación de cinco vivendas na Tinería de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
José Manuel Balseiro na visita ao edificio do casco histórico

José Manuel Balseiro na visita ao edificio do casco histórico

A Xunta de Galicia investirá 815.000 euros na rehabilitación dun inmoble emprazado no barrio da Tinería, en Lugo, tal como recolle hoxe o DOG, no que se publica a licitacións.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou esta mañá o edificio do casco histórico da capital no que se acometerá a actuación. Estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Javier Arias, e pola xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, María del Mar Gómez.

As obras suporán a rehabilitación, ampliación e obra nova da casa emprazada no número 15 da rúa da Tinería, no que se obterán cinco vivendas que serán calificadas como promoción pública e adxudicadas a través do Rexistro de Demandantes de Galicia.

Entre as características construtivas do proxecto destaca a fachada con recebado de cal sobre pedra ou formigón, ventás exteriores de madeira de castaño, pavimentos interiores de baldosa de gres e tarima flotante e cuberta de lousa con cravos de aceiro.

Desta rehabilitación sairán catro vivendas de dous dormitorios e unha de un dormitorio. O prazo de execución dos traballos será dun ano.

Actualmente a Xunta dispón de 85 vivendas rehabilitadas no barrio da Tinería, das que 71 están ocupadas polos seus adxudicatarios e 13 foron sorteadas o pasado 20 de abril. Finalmente, unha vivenda recuperada recentemente está pendente de reparacións para volver a ser adxudicada.

O delegado territorial subliñou que “é unha prioridade para a Xunta de Galicia facilitar aos cidadáns o acceso á vivenda, para o que se artellaron diversos programas de apoio ao tempo que se mantén o esforzo na construción e rehabilitación de vivendas de promoción pública”.

Por outra banda, afirmou Balseiro, “esta actuación demostra unha vez máis a aposta da Xunta pola recuperación do barrio da Tinería”.

26 de abril de 2017 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.