publicidade hoxe

A Xunta investirá 475.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de 34 vivendas de promoción pública en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia destinará 475.344,79 euros á execución de obras de mellora da eficiencia enerxética de 34 vivendas de promoción pública emprazadas en Vigo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola que se licita a execución das obras.

As obras, que consistirán no illamento térmico do edificio polo exterior para mellorar a súa eficiencia térmica e, polo tanto, incrementar o rendemento do consumo enerxético realizado nas mesmas, realizaranse nas vivendas emprazadas en Menéndez Pelayo 15-17, en Vigo.

As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. O prazo de execución das obras será de catro meses dende o inicio das mesmas.

As empresas interesadas dispoñen de 26 días naturais para presentar as súas ofertas. O Goberno galego ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en varias localidades de toda Galicia.

18 de abril de 2017 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.