publicidade hoxe

A Xunta investirá 416.000 euros en diversas actuacións de mellora en varias estradas ao seu paso por Láncara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraLocal PortadaLugo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) licitou por valor de preto de 100.000 euros a rehabilitación do firme dun treito da travesía de Láncara, en concreto os puntos quilométricos 9+600 a 11+300 da estrada LU-621

A obra suporá actuar en todo o ancho da sección, en primeiro lugar reparando as deformacións existentes e a continuación estenderase unha nova capa de rodadura de mestura betuminosa en quente. Isto suporá unha importante mellora da estrada neste tramo, que conta na actualidade con firme de macadam.

Cómpre lembrar que nesta mesma estrada, no ano pasado, a Xunta mellorou o firme noutro tramo no concello de Baralla, no espazo comprendido entre o pq 19+000 (Pousada) e 21+658 (final da estrada, na intersección coa N-VI), no que se inverteron aproximadamente 150.000 €.

Outras actuacións en Láncara

Pero o arranxo da estrada LU-621 non é a única actuación que o Goberno galego prevé neste concello xa que logo, dentro dos traballos de conservación ordinaria e vialidade invernal da zona sur da provincia de Lugo tamén se prevén desenvolver tres novas obras:

Na estrada LU-621: A Pobra de San Xiao – Baralla (N-VI) por valor de 108.808 euros. Implicará a rehabilitación localizada do pavimento entre o pq 2+100 e o pq 9+600 e o repintado da marca viaria de separación de carrís en toda a vía.

Tamén na estrada LU-622: Corvelle (LU-636) – Láncara (LU-621), por valor 144.961 euros. Se acometerá a rehabilitación do pavimento entre o pq 0+000 e o pq 5+900 así como tamén o repintado da marca viaria de separación dos carrís en toda a estrada.

E, finalmente, por valor de 12.828 euros, renovaranse as Bandas Transversais de Alerta na travesía de A Pobra de San Xiao e instalación de novas bandas na recta de Maceda. Así como a instalación de sinalización luminosa no cartel de sinalización de perigo na travesía de A Pobra de San Xiao e renovación do cartel fluorescente retrorreflectante

A suma total do investimento previsto ascende nas estradas do municipio de Láncara suporá un investimento total de 416.000 euros.

10 de abril de 2017 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.