publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta iniciará dúas obras dirixidas á mellora da seguridade viaria na variante de Viveiro e en Covas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+
José Manuel Balseiro comproba a zona de instalación dun pretil de aceiro

José Manuel Balseiro comproba a zona de instalación dun pretil de aceiro

A Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, acometerá nos vindeiros días dúas actuacións de mellora da seguridade viaria en Viveiro, nas que investirá 47.000 euros.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata a variante de Viveiro -estrada LU-539- para dar conta dos traballos que se executarán nesta zona co fin de incrementar a seguridade dos usuarios do paseo peonil.

O proxecto conta cun orzamento de 42.930 euros e afectará a un tramo de 150 metros de ámbito urbano, polo que se executará un petril estético, de tipo monorraíl e tubular fabricado en aceiro.

O obxectivo é ampliar os sistemas de protección para evitar que o impacto dun vehículo poida supoñer a caída a un nivel inferior por onde circulan os peóns ou ciclistas.

Por outra banda, e nun entorno próximo, concretamente na estrada LU-862 no núcleo de Covas, a Xunta actuará sobre o paso de peóns existente entre o cuartel da Garda Civil e o IES María Sarmiento.

Pasará a ser un paso sobreelevado para conseguir diminuír a velocidade de tránsito dos vehículos e mellorar a seguridade viaria dos peóns que cruzan a estrada. O custo aproximado das obras será de 4.000 euros.

O delegado explicou que con estas iniciativas a Xunta “atende as demandas dos veciños e veciñas de Viveiro, que reclamaban unha actuación para reducir os riscos neste puntos de moito tráfico e moi utilizados polos peóns”.

25 de abril de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.