publicidade hoxe

A Xunta iniciará as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-213 en verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, ao que lle comunicou que hoxe o Diario Oficial de Galicia recolle a licitación das obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-213, entre O Burgo e A Telva, que comezarán antes de que remate o verán mediante o investimento duns 450.000 euros.

Vázquez Mourelle informou ao alcalde da licitación no Diario Oficial de Galicia dun conxunto de actuacións de reforzos de firme en 5 estradas da provincia da Coruña por un importe global de 1,2 millóns de euros, beneficiando aos veciños de 6 concellos: A Laracha, Betanzos, Arteixo, Cambre, Culleredo e Cerceda. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información deste contrato: goo.gl/3tDdzZ

Precisou que estas melloras, no caso do Concello de Culleredo, suporán actuar noutras dúas estradas e un investimento global de preto de 740.000 euros.

A responsable de Infraestruturas explicou que este proxecto tamén contempla a reposición dos treitos de beirarrúa deteriorados e completaranse en determinados puntos co obxectivo de que haxa itinerarios peonís continuos por ambas as dúas marxes da estrada que faciliten os desprazamentos cotiás dos veciños, a pé e dun xeito seguro. Unha vez finalizadas as obras, o Concello asumirá a titularidade do treito, tal e como se ten comprometido o alcalde, ao tratarse dunha zona de uso principalmente urbano.

A responsable de Infraestruturas explicou que este proxecto tamén contempla a reposición dos treitos de beirarrúa deteriorados e completaranse en determinados puntos co obxectivo de que haxa itinerarios peonís continuos por ambas as dúas marxes da estrada que faciliten os desprazamentos cotiás dos veciños, a pé e dun xeito seguro. Unha vez finalizadas as obras, o Concello asumirá a titularidade do treito, tal e como se ten comprometido o alcalde, ao tratarse dunha zona de uso principalmente urbano.

Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, cun orzamento de 20 millóns de euros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Sendas peonís e ciclistas

Nesta reunión tamén se abordaron os dous itinerarios peonís e ciclistas que a Xunta ten previsto realizar nos concellos de Culleredo e Cambre. Así, na AC-214, no Concello de Cambre, construirase unha senda duns 800 metros; e na estrada AC-213, tamén na zona da Telva, executarase unha senda de 1,2 km, que comunicará o itinerario do río Mero co polígono industrial de Alvedro, beneficiando aos veciños destes municipios.

Ethel Vázquez explicou que se está a ultimar o proxecto, cuxa entrega está prevista para finais deste mesmo mes de abril, o que significa que tan pronto se dispoña dos terreos necesarios e o proxecto estea supervisado e aprobado, procederase a licitar as obras.

O Goberno galego destinará preto de 700.000 euros á execución destas dúas sendas que permitirán que os veciños de Culleredo e de Cambre poidan realizar os seus desprazamentos habituais, a pé ou en bici, dun xeito seguro.

Estes dous itinerarios están enmarcados no Plan de Sendas de Galicia que na comarca da Coruña prevé a construción de 9 novas sendas e un investimento de 4 millóns de euros.

3 de abril de 2017 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.