publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta elabora un proceso asistencial integrado para pacientes con esclerose lateral amiotrófica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Jesús Vázquez e José Manuel Rey Varela na reunión con representantes da fundación

Jesús Vázquez e José Manuel Rey Varela na reunión con representantes da fundación

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuníronse hoxe no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro, con representantes da Fundación Francisco Luzón- Unidos contra la ELA, creada para axudar a mellorar a vida dos pacientes de Esclerose Lateral Amiotrófica e impulsar a investigación desta enfermidade.

Na xuntanza, na que tamén estivo presente o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; e o subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial, Alfonso Alonso Fachado, acordouse traballar nun acordo marco de colaboración para a realización dun proceso asistencial integrado destinado á atención dos pacientes con ELA, así como para o fomento da investigación, difusión e mellora asistencial das persoas que padecen esta enfermidade.

En representación da Fundación Francisco Luzón asistiron á xuntanza May Escobar, directora de Relacións Sociosanitarias; e Domarís Domínguez, coordinadora de asociacións.

19 de abril de 2017 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.