publicidade hoxe

A Semana Santa de Burela preséntase na Delegación Territorial da Xunta en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaCalendario
A-
A+
Presentación da Semana Santa de Burela

Presentación da Semana Santa de Burela

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Burela, unha cita que vén gañando en importancia nos últimos anos e que, nesta ocasión, celebra a súa 27 edición.

No acto participaron o delegado territorial José Manuel Balseiro, que serviu de anfitrión, acompañado de Oliva Cabanas, presidenta da Confraría do Santísimo Cristo e de María Santísima das Dores, Jesús Álvarez Piñón, párroco da localidade, o deseñador do cartafol anunciador, José Míguez Ríos, e Mª José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, ademais dun bo número de membros da confraría e da unidade pastoral.

Os asistentes aproveitaron a ocasión para convidar aos lucenses a achegarse ata esta localidade e participar nas celebracións e procesións que forman parte do programa de actividades da Semana Santa en Burela. Un programa que, por certo este ano, incorpora citas de grande relevancia, ademais das tradicionais procesións, como é o caso do pregón a cargo do bispo Luis Ángel de las Heras Berzal, da Diocese de Mondoñedo-Ferrol (e que terá lugar precisamente mañá xoves, ás 20 horas) precedido da bendición dos hábitos dos novos confrades (19.30h)

“Benvida sexa a arte, a tradición, as confrarías, a cultura o turismo, e todo o que se move en torno ao feito relixioso que xustifica que falemos tamén con orgullo e devoción da Semana Santa de Burela. Animo a todos e a todas, a que se acheguen a Burela a vivila e compartila” – significou o delegado territorial ao remate da súa intervención.

5 de abril de 2017 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.