publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio en Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRibadaviaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun lume ocorrido no concello ourensán do Ribadavia, e que afectou preto de 0,01 hectáreas.

Os policías da Xefatura Territorial da Policía Autonómica de Ourense procederon a tomar declaración como investigado a un veciño do concello de Ribadavia, como presunto autor dun lume, ocorrido o pasado día 10 de abril deste ano, no lugar de Franqueirán. O lume produciuse por mor dunha queima que estaba a realizar de restos forestais, non adoptando as debidas precaucións, polo que o lume se propagou ao resto da finca, afectando a 0,01 hectáreas de monte arborado. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribadavia.

No que vai de ano son 28 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

A Xunta lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

19 de abril de 2017 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.