publicidade hoxe

A Festa da Augardente de Portomarín preséntase na Delegación Territorial da Xunta en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugoPortomarín
A-
A+
Presentación da Festa da Augardente de Portomarín

Presentación da Festa da Augardente de Portomarín

A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da Festa da Augardente de Portomarín, que se celebrará o os días 15 e 16 deste mes e inclúe a VII Degustación da Anguía e a tradicional recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresan na Orde Serenísima da Alquitara.

O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Portomarín, Juan Serrano; Alfredo Sánchez Carro, Gran canciller da Orde Serenísima da Alquitara; o fundador da citada Orde, Manuel Castelo Fernández, e a xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, María José Gómez.

Na presente edición ingresan na Orde Serenísima da Alquitara as seguintes persoas:

Cabaleiros:

• D. Darío Campos Conde (Presidente Exma. Deputación Provincial de Lugo”.
• Club de Fútbol Portomarín.
• D. Javier García Amigo (Jefe Provincial da Policía Autonómica).
• D. Daniel López Vázquez (Empresario de Portomarín).
• D. José Pérez López (Colleiteiro de Portomarín).
• D. Mario Fernández Sindín (Avogado de Portomarín).
• D. Marcelino González Brea (Subdirector Unidade Hidraulica de Gas Natural Fenosa).
• D. Antonio Fernández Milo (Presidente da Asociación Cultural Lemavos de Monforte”.
• D. Francisco Real Castro (Presidente Asociación Provincial de empresarios de hostalería e Turismo de Lugo).
• D.Ramón Alonso Alonso (Copropietario de Cafés las Candelas).
• D. Miguel Ángel Gómez González (Autor do libro: “Aguardiente, história de sus orígenes y evolución”).

Damas:

• Dna. Pilar López Yáñez (Alcaldesa do Concello de Sarria).
• Dna. Antía Yáñez Rodríguez (Autora da novela “O misterio de Portomarín).
• Dna. Mª Carmen Pérez Fontao (Presidenta da asociación de mulleres rurais de Portomarín “O Xaramago”).
• Dna. Sol María Vázquez Abeal (Directora Xeral de Comercio e Consumo).

6 de abril de 2017 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.