publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra convoca a Mesa Provincial da Bicicleta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPortada dereita
A-
A+

Co gallo do Día da Bicicleta, que se celebra o 19 de abril a nivel mundial, a Deputación de Pontevedra súmase ás reivindicacións propias desta xornada, entre as que destacan a promoción do uso deste medio de transporte, e a defensa dos beneficios que reporta para a saúde e para a mobilidade sostible.

En concordancia con estes postulados, o departamento provincial de Mobilidade ten programada para o vindeiro 26 de abril a primeira xuntanza da Mesa Provincial da Bicicleta. Á esta reunión están convocados unha decena de colectivos e institucións, entre as que se contan, ademais da propia Deputación – representada polo deputado de Mobilidade, Uxío Benítez -, a Dirección Xeral de Tráfico, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Federación Galega de Ciclismo, ‘Cero emisiones, ‘Rurban’, ‘Arousa en bici’, Bicicleando’, ‘A golpe de pedal’, e ‘Pedaladas’. A xuntanza terá lugar o vindeiro mércores pola mañá no Pazo Provincial.

A Mesa Provincial da Bicicleta é dunha iniciativa que se concibe como un punto de encontro para que asociacións e administracións poidan traballar de xeito conxunto na mellora das estradas e a prol dunha correcta convivencia entre os diferentes tipos de desprazamentos e dun cambio de usos cara a mobilidades cotiás máis amables. Enmárcase, ademais, nunha política de Mobilidade en consonancia coas demandas urbanísticas, medio ambientais e sociais de máximo respecto ao territorio e ao patrimonio construído e de proporcionalidade entre medios e fins.

Esta primeira convocatoria inclúe entre os principais puntos na orde do día a presentación da Mesa Provincial da Bicicleta como órgano de participación e consulta cidadá; a promoción da rede EUROVELO a Galicia; os puntos de intervención básica na rede provincial de estradas; e o plan provincial de itinerarios pola Mobilidade en Bicicleta.

A convocatoria responde ademais ás demandas plantexadas na xuntanza do pasado verán e que servira como unha primeira toma de contacto entre a Deputación e diversos colectivos para impulsar esta iniciativa. Xa naquel momento, o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez insistira en que “a Deputación debe liderar un debate público sobre a necesidade de crear unha rede de itinerarios nos que a mobilidade ciclista poida servir, por unha banda, para facilitar os desprazamentos cotiás de todo o mundo e, por outra, funcionar como elemento atraínte para o turismo e lecer.”

Naquela primeira toma de contacto, Benítez asegurara que “a nosa proposta é crear unha rede provincial de itinerarios ciclistas. Teremos que falalo e concretaremos por onde se podería trazar esa rede, pero debe ser nun encontro no que se senten máis axentes dos que había nesta mesa hoxe.” Así, baixo estas premisas ampliouse a convocatoria a todos os axentes implicados tanto a nivel institucional como de grupos de persoas usuarias a nivel provincial.

19 de abril de 2017 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.