publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra asina os convenios de colaboración co Club Ciclista Froiz de Poio e o Rías Baixas de Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigránPoioPontevedra
A-
A+
Carmela Silva na sinatura do covenio cos clubes ciclistas

Carmela Silva na sinatura do covenio cos clubes ciclistas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou hoxe os convenios de colaboración da institución cos clubs ciclistas Froiz de Poio e Rías Baixas de Nigrán. Ao acto da firma ademais do director técnico do Froiz, Evaristo Portela, e o presidente do Rías Baixas, José Luis Chamorro, asistiron os alcaldes de Poio, Luciano Sobral, e de Nigrán, Juan González.

Carmela Silva mostrou a súa ledicia pola firma de estes convenios de apoio a ambos clubs “xa que son dous clubs que levan o nome da nosa provincia por todo o país e polo estranxeiro que merecen todo o apoio das administracións públicas porque ademais fan unha labor de promoción do deporte entre os rapaces de rapazas de toda Pontevedra”.

Igualmente subliñou a importancia que tería contar cun IVA reducido para estos clubs deportivos de base xa que permitiría que as achegas económicas que fan as administración foran de maior cantidade e suporía, ao mesmo tempo, unha vantaxe para os equipos deportivos nos seus orzamentos cuns menores gastos. Silva recordou que o goberno de Mariano Rajoy aprobou unha rebaixa do IVE dos espectáculos dos touros do 21 ao 10 por cento, “cando moito máis apropiado sería que os clubs deportivos de base tiveran unha redución similar”. A este respecto, os dous representantes dos clubs mostraron todo o seu apoio o planteamento de Carmela Silva, ao recordar que levan moitos anos pedindo a Administración central unha redución do IVA.

José Luis Chamorro, presidente do Rías Baixas, destacou que o apoio da Deputación supón para o club un importante respaldo económico “que a primeira vez que contamos con el e deste xeito podemos levar o nome de Rías Baixas por toda España dunha forma moito máis honrosa e digna”.

Pola súa banda, Evaristo Portela, do Froiz, manifestou a súa satisfacción por este convenio “porque nos permite investir máis en corredores e no equipo para mellorar o deporte. Levamos vinte anos de cooperación coa Deputación e estamos moi orgullosos de poder seguir contando co seu apoio”.

Os alcaldes de Poio e Nigrán tamén mostraron a súa satisfacción polo apoio o deporte de base que fai a Deputación de Pontevedra. Luciano Sobral, rexedor de Poio, agradeceu a Carmela Silva este sistema de reparto das axudas e subvencións provinciais dun xeito igualitario e primando aos equipos que apostan polo fomento do deporte de base “como é o caso do Froiz que é unha honra para Poio contar cun equipo deste nivel na nosa localidade”.

Juan González, alcalde de Nigrán, subliñou que este convenio “supón unha lombeirada moi importante para un equipo de Nigrán que leva o nome das Rías Baixas por toda España e, que este ano por primeira vez, pode contar co apoio económico da Deputación dentro da súa política de apoio ao deporte de base”

25 de abril de 2017 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.